O SERGAS informou hoxe do falecemento de dous persoas que estaban ingresadas afectadas de coronavirus. Pola mañana morreu unha muller de 77 anos que estaba ingresada no hospital Juan Cardona de Ferrol y pola tarde confirmouse o falecemento dunha segunda persoa, unha muller de 92 anos que se atopaba no Arquitecto Marcide. Ambas tiñan múltiples patoloxías previas e foran diagnosticada de infección por coronavirus.
Trátase dos primeiros falecementos por coronavirus que se producen no área sanitaria de Ferrol. Non así das primeiras víctimas veciñas da comarca, xa que a pasada semana morreu un home de 72 anos de Cedeira que estaba ingresado no CHUAC da Coruña.
Nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal son 28 os positivos ata hoxe, doce deles ingresados. Destes últimos, 3 afectados están ingresados na Unidade de Coidados Intensivos.
Discussion about this post