Ferrol constituirá o primeiro Consello Sectorial de Benestar Social do municipio

A misión do órgano será potenciar a inclusión social e a calidade de vida dos colectivos en situación de vulnerabilidade ou de exclusión social
Consello foto

O Concello de Ferrol vén de rematar o regulamento do que será o primeiro Consello Sectorial Municipal de Benestar Social da cidade de Ferrol. A concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero, presentou onte ás entidades e grupos políticos municipais que integran o organismo o documento, que foi aprobado por unanimidade. O texto recolle máis do 90 % das súas achegas.

O novo Consello Sectorial de Benestar Social terá como fin a promoción das políticas sociais municipais de Ferrol e das asociacións da cidade vencelladas co benestar social. Potenciará ademais a inclusión social e a calidade de vida dos colectivos en situación de vulnerabilidade, risco de exclusión ou exclusión social da cidade mediante a participación activa dos seus representantes e particulares. Previsiblemente o Consello está formado por representantes dos grupos políticos da corporación municipal, representantes dos sindicatos e asociacións de benestar social, saúde e veciñais.

A concelleira da área explicou que o novo organismo tamén “promoverá o asociacionismo vencellado coa política social e a coordinación entre entidades, elaborará propostas e potenciará a realización de estudos de investigación sobre a situación social de Ferrol, co fin de valorar e optimizar as actividades e recursos da concellería de Benestar Social e das entidades que integran o novo consello”.

En definitiva, explicou a edil, o Concello busca coa creación do primeiro Consello Sectorial de Benestar Social de Ferrol “promover e aumentar a participación cidadá” e tamén “escoitar ás entidades sociais da cidade e mellorar a xestión nesta materia”.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.