Ferrol recibe nunha semana 35 solicitudes para ampliar as terrazas

Unha comisión de terrazas reúnese semanalmente desde o inicio da fase 1 para resolver as peticións dos hosteleiros
DSC_2384

O Concello de Ferrol celebrou onte unha nova comisión de terrazas, que desde o inicio da fase 1 da desescalada ten unha periodicidade semanal precisamente para axilizar o estudio da viabilidade de cada unha das solicitudes presentadas por donos de locais para ampliar ou modificar a distribución das súas terrazas e tamén para coñecer a marcha da súa apertura.

Un total de 35 propietarios de establecementos da cidade requiriron xa ao Concello autorización para colocar máis mesas e caldeiras na rúa, que foron estudiadas de forma individual na reunión de onte. Tras analizar caso por caso, o departamento de Urbanismo resolve.

O edil Julián Reina firmou o pasado 8 de maio un decreto polo que se ordenaba a “tramitación administrativa preferente” e a axilización das xestións destas solicitudes para incrementar ou modificar as terrazas de acordo coa ordenanza reguladora das mesmas. Dito decreto tamén autoriza de forma automática e con carácter xeral aos propietarios dos establecementos a ampliar o espazo o “mínimo indispensable” para colocar o 50 % das súas terrazas mantendo os dous metros de distancia de seguridade.

Reina explicou que desde a súa concellería se está pendente das novidades respecto á regulación que afecta aos locais en función das distintas fases da desescalada. De igual modo insistiu na necesidade de que “todos respectemos as medidas de seguridade e manteñamos a distancia establecida”.

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.