Ferrol saiu a rúa cos seus mellores disfraces no día grande do Entroido

A agrupación Paso a Paso foi a gañadora do concurso de comparsas celebrado en Amboaxe
87214487_3395243277159081_2325865365063598080_o

Milleiros de ferroláns disfrutaron onte do día grande do Entroido e sacaron a relucir os seus mellores e máis divertidos disfraces para a ocasión. Un total de 15 comparsas, compostas por máis de 600 personas, animaron a tarde co desfile de cor e música que saiu da praza de España e discorreu polo barrio da Magdalena ata Amboaxe.

Alí, nunha gran carpa instalada para a ocasión, as comparsas desplegaron todo o seu inxenio con cancións satíricas sobre Ferrol, os seus políticos e as súas xentes. E que tamén serviron para denunciar os problemas do día a día cun tono humorístico. A comparsa Paso a Paso foi a gañadora, a agrupación Cingaranza levou o segundo premio e o terceiro posto foi para Os Colludos.

As celebracións continúan hoxe coa festa infantil que terá lugar ás 17.30 horas. Haberá espectáculos musicais, obradoiros de máscaras, pintacaras, un tirachinas xigante e máquinas de palomitas e algodón de azucre.

O Entroido 2020 despedirase co “O enterro da Sardiña”, que se celebra na rúa Nova de Caranza, no barrio de Ultramar. A xornada comezará partir das 17.30 horas coa festa infantil na praza de Ultramar. Contra as 20.15 horas sairá o pasarúas desde  Sánchez Calviño, onde as comparsas, e a xente disfrazada fará un desfile acompañando o ataúde da sardiña e ás 21.00 horas terá lugar a gala. Serán ás 23.00 horas  cando finalmente na praza do barrio terá lugar a “queima dá sardiña”. Un dos momentos máis máxicos e divertidos do Entroido ferrolán.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.