Formoso pídelle á ministra de Transportes que inclúa a Ferrolterra no Corredor Atlántico de mercadorías

O líder dos socialistas galegos reclama un servizo esencial para conectar os novos proxectos industriais co porto de Ferrol e o resto da rede
Formoso pídelle á ministra de Transportes conexión de ferrocarril de mercadorías entre Ferrol e Lugo pasando por As Pontes
Formoso pídelle á ministra de Transportes conexión de ferrocarril de mercadorías entre Ferrol e Lugo pasando por As Pontes

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, aproveitou a visita da ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, para pedirlle unha liña de ferrocarril de mercadorías entre Ferrol e Lugo pasando por As Pontes. O tamén candidato á reelección como alcalde de As Pontes exerceu como anfitrión na visita da ministra á localidade. Formoso pediu a incorporación desta liña aos estudos do Ministerio polo seu papel “absolutamente definitivo” para apuntalar a recuperación da potencialidade industrial da comarca, en pleno proceso de reindustrialización en base a unha transformación xusta. Para iso, dixo, As Pontes “ten que ter tódalas posibilidades loxísticas” que esixe o seu vencello co porto de Ferrol e que complementen ás conexións viarias.

O responsable socialista deu a benvida á ministra a “un dos principais enclaves industriais de Galicia”, e salientou o traballo para consolidar a súa evolución industrial como polo de proxectos estratéxicos para a economía galega. Enumerou as iniciativas de implantación da xeración de combustibles verdes, almacenamento enerxético, aproveitamento forestal e dos recursos naturais e no sector do automóbil. A ministra de Transportes confirmou o apoio do goberno de España e do Ministerio que representa “a todos aqueles proxectos que poidan facer realidade e factibles o impulso e o desenvolvemento da cidade” e que está a liderar Formoso. Salientou o seu traballo “sabendo aproveitar as oportunidades” de transformación económica e industrial e a aposta pola industria sostible e verde.

Sinalou os “proxectos moi interesantes” previstos para a localidade coruñesa no ámbito das enerxías renovables, hidróxeno verde e etanol verde, así como no automóbil, e subliñou que “queremos que o impulso económico despregado cos fondos europeos chegue tamén a As Pontes. Reivindicou o traballo do goberno na defensa da “inmensa maioría social” no contexto da pandemia e as consecuencias da guerra de Ucraína.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.