Máis de 35 citas con autores esta fin de semana en Ferrol

Volve a Feira do Libro á praza da Constitución, que será inaugurada mañá cun pregón a cargo do historiador e escritor ferrolán Guillermo Llorca Freire
Imagen de archivo de la Feira do Libro | Concello de Ferrol
Imagen de archivo de la Feira do Libro | Concello de Ferrol

A praza da Constitución de Ferrol acolle esta fin de semana unha nova edición da Feira do Libro, a primeira do circuíto organizado esta ano pola Federación de Librarías de Galicia. Inaugurarase mañá venres 21 de abril, ás 12:30 horas, cun pregón a cargo do historiador e escritor ferrolán Guillermo Llorca Freire e coa presidencia de honra do libreiro ferrolán Ismael Cortizas, que este ano acada a xublización.

A feira conta este ano coa participación de seis librarías —Pedreira, Cortizas, Embora, Central Librera Real, Metropolis Cómics e Estraviz—, inclúe 35 citas con diversos autores e diversos eventos lúdicos e de ocio para todos os públicos. Estará aberta mañá venres de 11 a 14 e de 17 a 21 horas, o sábado de 11 a 14:30 horas e
de 17 a 21 horas; e o domingo de 11 a 14.30 horas e de 17 a 20 horas. Pode consultarse toda a programación no enlace.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.