Mañá se inician as obras de reparación da rúa Velázquez, no barrio de Esteiro

A intervención, entre a avenida de Vigo e a intersección das rúas San Amaro, Zurbarán e Soto alargaranse durante un mes
callevelazquez

O Concello de Ferrol, a través da concellería de Obras comezará a partir desde martes 26 de maio as obras de reparación da rúa Velázquez, no barrio de Esteiro. Na actualidade a vía presenta un evidente estado de deterioro, con zonas de fochancas e desprendementos do formigón que conlevan molestias á veciñanza e aos vehículos que circulan por ela.

Os traballos de pavimentación da rúa, localizada entre a avenida de Vigo e a intersección das rúas San Amaro, Zurbarán e Soto, durarán un mes e incluirán labores de fresado, rebacheo e saneamento do firme. Acometerase tamén a sinalización vial horizontal.

O Concello lembrou que o aglomerado desta vía, duns 170 metros de longo, responde a unha demanda dos veciños do barrio. É transitada por vehículos lixeiros e pesados, polo que agora “a súa reparación resulta prioritaria”, explicaron desde o goberno local.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.