O estaleiro de Navantia Ría de Ferrol doou diverso material sanitario ao Área Sanitaria de Ferrol e á Cociña Económica, destinado a combater os efectos da pandemia provocada polo virus COVID-19.
Os servizos médicos de Navantia- Ferrol enviaron 130 buzos, máis de 10.400 máscaras, das cales 150 son máscaras cirúrxicas, así como luvas, lentes anticontagio, pantallas anticontagio e botes e hidroalcohol. Ademais, tamén se doaron máscaras á Cociña Económica.