Navantia sacará a licitación o servizo de mantemento integral dos estaleiros de Ferrol e Fene

Os sindicatos lembraron que os 57 traballadores que actualmente desenvolven estas tarefas terán que ser subrogados en cumplimento de convenio do sector siderometalúrxico
WhatsApp Image 2020-09-09 at 12.04.47

O comité de empresa da UTE Tecman-Electrorayma, encargada do mantemento integral dos estaleiros de Navantia de Ferrol e Fene anunciou hoxe que a empresa sacará a licitar o seu contrato despois de que a actual concesionaria do servizo comunicase a Navantia que renunciaba a él. «Ao parecer apelaron á rendabilidade do contrato», explicaron os responsables do comité. Foi adxudicado en setembro de 2018 por 5,3 millóns de euros.

A nova licitación sairá durante este mes e os sindicatos quixeron lembrar ao estaleiro público que é de obrigado cumprimento a subrogación dos 57 traballadores que actualmente desenvolven estas tarefas en ambas instalacións. Entre as tarefas que desenvolven está o mantemento de máquinas, as instalacións especiais, o parque móbil de ambas as plantas, as guindastres ponte e exteriores de Ferrol e o pórtico de Fene e os sistemas de seguridade industrial e rede de voz e datos, tamén das dúas factorías.

«O último convenio do sector siderometalúrxico recolle que este servizo ten que ser subrogado, como xa o tivo que facer a actual UTE cando recolleu aos operarios da anterior concesionaria, Ferrovial-Elinco», recordou Sergio Marínez, da Federación de Industria da CIG. «Esta xente ten que cambiar de buzo e seguir traballando tal e como estaban a facelo agora», dixo.

«Estaremos vixiantes para que se cumpra o convenio -recordaron desde o comité- e esperamos que nas condicións dos pliegos estean reflexados o número de traballadores totales. Navantia ten a obrigación de garantir o dereito de subrogación».

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.