O Ateneo acolle o mércores 23 a presentación do libro sobre o reclutamento franquista do historiador e escritor ferrolán Francisco Leira

O traballo “Soldados de Franco: Reclutamiento forzoso, experiencia de guerra y desmovilización militar” foi galardonado con numerosos recoñecementos nacionais e internacionais pola súa aportación a un episodio tan controvertido da nosa historia recente
DSC_4092 (1)

O Ateneo Ferrolán acollerá este mércores 23 de setembro, ás 19.30 horas, a presentación do libro “Soldados de Franco: Reclutamiento forzoso, experiencia de guerra y desmovilización militar”, do historiador e escritor ferrolán Francisco Leira. A obra, que saiu á venda a finais do pasado mes de xuño é unha fonda labor de investigación que está a arroxar luz sobre un tema ata o de agora non estudado: quenes compoñían o exército franquista e a súa implicación no conflicto.

Por este traballo Leiro gañou o Premio Miguel Artola para teses doutorais en Historia Contemporánea da AHC e Centro de Estudos Políticos e Constitucionais do Goberno de España, converténdose no primeiro galego en facelo. Entre outros recoñecementos, o autor ferrolán recibiu o Premio en Ciencias Sociais Juana de Vega, así como unha mención honorífica no concurso de ensaio histórico George Watt da ALBA-VALB de Nova York (tamén o primeiro galego en facelo), en 2012, ambos pola investigación que deu lugar a este libro recén publicado.

Á presentación asistirán, ademáis do autor da obra, a profesora da USC Aurora Artiaga, o catedrático Lourenzo Fernández e o presidente do Ateneo, Xabier Dongil.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.