O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol instou esta mañá ao goberno municipal a que proceda a habilitar novos espazos peonís na cidade de cara a facilitar as medidas de distanciamento precisas.
Para o BNG a afluencia masiva de veciños e veciñas nas rúas, paseos e zonas verdes da cidade como consecuencia das saidas permitidas durante a desescalada obrigan ao Concello a ter que adoptar medidas excepcionais como poden ser “a restricción do tráfico rodado en determinadas zonas que permitan ampliar o espazo adicado as peóns de cara a poder pasear mantendo a distancia de seguridade minima entre persoas”. “Hai que ter en conta que esta nova forma de vivir, relacionarse e os desprazamentos a pé non vai ser algo temporal e cómpre que redefinamos a mobilidade na cidade para termos uns espazos o máis seguros posibles para a saude”, explican os nacionalistas galegos.
Desde o BNG insisten, demáis, en que “é o momento de recuperar e desenvolver os procesos de humanización de espazos como os paseos de Caranza e A Malata ou a peonalización de barrios como o da Madalena”.
Discussion about this post