O BNG pide ao Concello que reclame a Defensa, o Porto, Emafesa e á Igrexa «as taxas que lles corresponden»

Os nacionalistas creen que é momento de aumentar a recadación pública para poder prestar máis servizos á cidadanía
2020040615384418596

O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou unha moción que será debatida no pleno do vindeiro xoves con medidas concretas que teñen como obxectivo concretas «axudar a mellorar os ingresos municipais co obxectivo de que estes recursos económicos permitan encarar o futuro da cidade con dignidade e máis diante das lamentacións reiteradas deste goberno de carencia de recursos económicos para poder actuar na cidade», explicaron os nacionalistas.

Creen no BNG que coa actual situación de crise sanitaria e económica, é necesario «deixar nun segundo plano dunha vez por todos os criterios do austericidio económico establecidos pola administración estatal e aplicados sen discusión polos gobernos locais de turno e empezar a destinar os recursos públicos a resolver problemas dos veciños e veciñas».

Medidas

Entre as medidas concretas que propón o Bloque para incrementar a recadación do Conello, están esixirlle ao Ministerio de Defensa o pago dos tributos correspondentes às propiedades desafectadas existentes na cidade, entre elas as incluídas no convenio entre o concello e este Ministerio.

Tamén reclaman esixir o pago do IBI de contribucións especiais deste ano e das anualidades anteriores que a Autoridade Portuaria non abona «e que supón 700.000 euros ao ano que a veciñanza da cidade deixa de percibir». O BNG propón reclamar a EMAFESA o pago do canón concesional, 1,4 millóns de euros ao ano, «que leva sen aboar desde o último trimestre do ano 2014, mentres nos segue a cobrar a taxa de depuración por un servizo que non prestou», denuncia o grupo de Iván Rivas. E, por último, cobrarlle á Igrexa Católica as taxas e impostos municipais polas propiedades que non están afectas ao culto como poden ser aparcadaioros, vivendas ou baixos comerciais.

Relacionadas

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.