O campus de Ferrol acolle unha xornada de sensibilización sobre o consumo de materiais plásticos

Este obradoiro, que terá lugar na Escola de Deseño Industrial, forma parte do programa "Marzo Ambiental" que organiza a UDC
Universidad de Esteiro cursos Carlos Gurmendez
Universidad de Esteiro cursos Carlos Gurmendez

A Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña e a Fundación Alcoa inician esta semana o proxecto “Marzo Ambiental” cun amplo programa de conferencias, visitas técnicas, obradoiros e traballo de campo cunha ambiciosa oferta de actividades que se prolongará ao longo de todo o mes.

Co obxectivo de formar á comunidade universitaria en conceptos básicos de sustentabilidade ambiental e social e desenvolver a capacidade de actuar nas cuestións ambientais prioritarias, trataranse contidos de emerxencia climática, exercicio e saúde, impactos ambientais, Green Campus, enerxía, auga, residuos e compostaxe, ecodeseño, pegada ecolóxica, pegada hídrica, mapas de ruído e consumo de auga así como auditorías de auga e enerxía.

En Ferrol levarase a cabo un destes obradoiros. Será o mércores día 4 de marzo as 12.30 horas. A actividade levará por título «Sensibilizándonos sobre como reducir o consumo de materiais plásticos» e estará impartida por Ana Ares e María José Abad, ambas profesoras da Escola de Diseño Industrial. O cita será na aula de audiovisuais da propia escola.

Este é o calendario completo do programa «Marzo Ambiental» que organiza a UDC:

CONFERENCIAS (Asistencia libre)

  • 02/03/2020, 11:00h. Mesa redonda: Conflitos ambientais en Galiza: Os límites ecolóxicos do urbano. Plataformas Casalonga Limpa de residuos e Vertedoiro Miramontes (Compostela), Manuel Soto e José A. Cortés (Profesores da UDC). Facultade de Socioloxía (Elviña), Salón de graos.
  • 03/03/2020, 12h. A computer-assisted eco-critical discourse analysis. Emilia Wasikiewicz-Firlej (Univ. Adam Mickiewicz in Poznań, Dpt. of Ecocommunication). Facultade de Filoloxía (A Zapateira), Sala 2.7.
  • 04/03/2020. 11-13h. O programa Green Campus na UDC (I). Francisco García (Auditor Green Campus, ADEAC-FEE), Coordinadores Comités Green Campus, OMA UDC. Facultade de Socioloxía (Elviña), Salón de actos.
  • 05/03/2020, 12h. Luz sobre a factura da luz. Xosé Manuel Golpe (Especialista Enerxías Renovábeis, FAEPAC). Universidade Sénior (Riazor), Aula 2.

OBRADOIROS (Formulario inscrición)

  • 03/03/2020, 11:30-13h. R de Reciclaxe: Obradoiro de compostaxe. María R. Lafuente (ADEGA). Facultade de Ciencias da Educación (Elviña), Aula -1/3
  • 04/03/2020, 12:30h. Sensibilizándonos sobre como reducir o consumo de materiais plásticos. Ana Ares, María José Abad (Profesoras EUDI UDC). EU Deseño Industrial  (Ferrol), Aula audiovisuais
  • 04/03/2020, 18-19h. Alimentación saudábel: Que esconden as etiquetas nutricionais? Cristina Quintela (Asociación de Anorexia e Bulimia A Coruña- ABAC). Facultade de Fisioterapia (Oza), Salón de actos

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.