A Fundación Exponav reabrirá o mañá, mates 26 de maio, o Museo da Construción Naval cun horario especial que se manterá -en principio- durante este mes e o de xuño e que será de martes a domingo de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas.
As persoas pertencentes a colectivos de risco terán unha franxa horaria de visita preferente ao museo, de 11.00 a 12.00 e, así mesmo, haberá un sistema de cita previa para as persoas ás que non se esixe o uso obrigatorio de máscaras en espazos pechados. Estas visitas especiais terán lugar os xoves pola tarde, previa cita a través do teléfono 981 35 96 82, e nestes casos haberá un reforzo das medidas de seguridade e hixiene. De momento, a consulta presencial aos fondos do arquivo e biblioteca da Fundación Exponav está suspendida, aínda que é posible realizala telemáticamente.
O Museo da Construción Naval contará con todas as medidas de protección necesarias para que as visitas poidan realizarse con garantías, desde medidores de temperatura corporal ata hixenizadores de calzado ou dispensadores de xel hidroalcohólico para a limpeza de mans.
Así mesmo, o aforo reducirase, tal e como establece a normativa, a un terzo da súa capacidade:
80 persoas por planta, 160 en total. As instalacións de Herrerías reabrirán coa colección permanente e a exposición “A botadura. O nacemento dun buque”, que pode visitarse na sala Carlos III.
Discussion about this post