O patrulleiro «Arnomendi” rescata un veleiro á deriva durante o seu regreso á estación da Graña

Durante 45 días realizou labores de vixilancia pesqueira como buque de inspección da Unión Europea en augas do Atlántico
TSUQ1853

O patrulleiro de altura “ Arnomendi” regresou este luns 20 de xullo á súa base na Estación Naval da Graña, en Ferrol, tras participar na campaña de vixilancia e inspección da Organización de Pesqueiras do Atlántico  Noroccidental (NAFO) en augas próximas a Canadá.

O buque foi recibido por familiares da dotación e polo Comandante das Unidades da Forza de Acción Marítima de Ferrol (COMARFER), capitán de navío Ramón Fernández Borra, que agradeceu á dotación o excelente traballo realizado nunhas condicións sempre esixentes, que esta vez víronse ademais complicadas pola pandemia.

Durante a campaña, o buque encadrouse no esquema internacional de inspección e vixilancia pesqueira como buque de inspección da Unión Europea (UE). Desenvolveu tarefas de control específico da pesca das especies reguladas para así garantir a conservación e óptima utilización dos recursos pesqueiros desta área de conservación. Ao longo do despregamento de 45 días realizou un total de 16 inspeccións a buques de diferentes nacionalidades adheridas ao Convenio NAFO. Ademais realizou unha asistencia médica a un membro dun pesqueiro.

Ao longo desta campaña o  PA “ Arnomendi” realizou unha escala no porto de San Xoán de Terranova (Canadá) para recheo de combustible e aprovisionamento de víveres baixo estritas medidas de seguridade sanitaria debido á pandemia de  COVID-19. No seu tránsito de volta a Ferrol, o patrulleiro “ Arnomendi” localizou ao veleiro de dous paus “Lady Nirvana” de bandeira polaca que se atopaba á deriva e sen tripulantes a bordo nunha posición próxima á liña de tráfico do dispositivo de separación do tráfico de Finisterre, e que supoñía un perigo para a navegación, procedendo á súa recuperación e remolque ata o porto de Ferrol.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.