Os empresarios de Ferrol esixen ao Concello medidas inmediatas para paliar a crise económica

Sete asociacións presentaron unha batería de medidas a curto prazo entre as que se atopa a execución de pago a proveedores e unha liña de axudas directas a pemes
92437252_2880921725337297_6080748744159002624_o

A Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal, a Asociación de Novos Empresarios, a Asociación de Empresarios Ferrolterra, a Asociación de Empresarios de Hostalería de Ferrol e Comarca, BOTO Catabois, Ultramar Village, CCA  Ferrol‐A Magdalena e HOSCOMPRO de Canido celebraron onte unha vídeo‐conferencia co alcalde de Ferrol, Ángel Mato, e a concelleira de Economía, Facenda e  Promoción Económica, Maite Deus, na que trasladaron ao goberno municipal a imperiosa necesidade de adoptar medidas que garantan o mantemento do tecido produtivo da comarca.

Entre estas medidas urxentes e a curto prazo están a posta en marcha dunha liña de axudas directas a autónomos e pemes afectadas polo estado de alarma e a supresión dos recibos e impostos municipais durante todo o período en que se manteña o estado de alarma, con prorrateo durante 12 meses do importe. Os empresarios tamén demandan a execución inmediata dos pagos pendentes a provedores, dando prioridade  a os que teñan a súa sede fiscal nos Concellos que forman parte da Mancomunidade.

Paralelamente, piden a posta en marcha de unha campaña de comunicación con o obxectivo de concienciar á cidadanía sobre a importancia de consumir nos negocios locais, para manter viva a cidade e o seu estilo de vida.  A axilización e simplificación de os trámites administrativos e procesos burocráticos necesarios para solicitar as axudas e liñas dispostas.

Tamén solicitan compromiso político para a posta en marcha dun Plan de Dinamización e Reactivación que contemple accións a moi curto prazo, co obxectivo de poñer en marcha os distintos sectores  económicos da cidade.  E a constitución inmediata dunha Mesa de Traballo na que estean a iniciativa  privada e as administracións públicas, co único obxectivo de definir, coordinar e  executar un Plan Estratéxico para Ferrol a 10 anos que marque un rumbo claro e invariable cara á recuperación e posta en valor da nosa cidade e, por extensión,  da comarca.

As entidades conclúen que “estamos ante un momento clave e non temos marxe  de erro”, polo que “Ferrolterra esixe proxecto, unión, xestión e compromiso”.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.