Os ferroláns recuperan unha renova praza de Armas en plena desescalada

O acto institucional de inauguración foi máis sinxelo e discreto do previsto e estivo marcado por algunhas ausencias
WhatsApp Image 2020-05-13 at 20.50.50

A praza de Armas quedou hoxe aberta ao público hoxe cun pequeno acto que se iniciou ás oito da tarde, coincidindo cos aplausos cos que a diario a cidadanía recoñece o labor dos sanitarios que loitan en primeira liña contra o coronavirus.

Durante a sinxela cerimonia, á que só asistiron os edís do PSOE e de Ferrol en Común (no foron nin do Partido Popular nin do BNG), o alcalde Ángel Mato asegurou que o novo espazo público constitúe “un paso importante no camiño cara unha cidade mellor, cara unha cidade para as persoas” e valorou o feito de que é o froito do traballo de dúas corporacións municipais.

O rexedor lamentou que a situación actual obrigue a aprazar a inauguración oficial de Armas “como merece”, aínda que a partir de hoxe a praza recupere xa “o seu lugar como centro da vida de Ferrol”. Pero, sobre todo, quixo aproveitar para lembrar aos milleiros de vítimas que deixan “estas negras semanas” e darlles as grazas a aqueles “que se empregaron a fondo na enorme tarefa de coidar de todos e manter en funcionamento as actividades esenciais”, ao tempo que destacou a “paciencia, resignación e gran sacrificio” da inmensa maioría da veciñanza e lle rogou que siga respectando as medidas de seguridade para superar a pandemia.“Grazas, concidadáns, persoal sanitario, forzas de seguridade, traballadores da loxística e da distribución, voluntarios, empregados de servizos… Grazas, Ferrol”, dixo para rematar a súa intervención.

 

A continuación, acompañados por técnicos municipais, os edís fixeron un percorrido pola praza, durante o que se detiveron en varios detalles, coma a inscrición que lembra o lugar no que se atopaba o obelisco dedicado a Churruca ou as que lembran os nomes e datas de nacemento e defunción de cinco destacados persoeiros responsables da planificación e construción do Ferrol da Ilustración: Julián Sánchez Bort, Joseph Petit de la Croix, Cosme Álvarez de los Ríos, Francisco Llobet e Jorge Juan y Santacilia. Estes gravados percorren as lousas que conforman a nova beirarrúa entre a superficie de terra e a rúa Real.

 

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.