Os taxistas de Ferrol reciben máscaras e guantes do Concello

Representantes de Radio Taxi e de Tele Taxi recolleron o material onte pola tarde no punto loxístico creado pola concellería de Seguridade no Hospicio
DSC_1999

O Concello de Ferrol facilitou onte equipos de protección individual (EPI) ás dúas asociacións que agrupan aos taxistas da cidade, Tele Taxi e Radio Taxi. Onte pola tarde, recolleron no antigo Hospicio, onde a concellería de Seguridade instalou o centro loxístico para a distribución deste tipo de material, 150 máscaras tipo FFP1 e tres caixas de luvas.

Atendendo ao número de licencias, a Radio Taxi entregáronselle 100 máscaras e dúas caixas de guantes, mentres que a Tele Taxi foron 50 máscaras e unha caixa de guantes, para que llos fixesen chegar aos seus membros coa maior premura posible.

O edil de Mobilidade, Julián Reina quixo pór de manifesto o “esforzo que están a facer os taxistas ao estar expostos para trasladar á xente nos seus vehículos”, polo que o Concello debía contribuír a que corresen “o menor risco posible” no exercicio da súa profesión.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.