Pesar polo falecemento da xornalista Patricia Rey Varela, irmá do exalcalde José Manuel Rey

O funeral da xornalista, de 43 anos, oficiarase ás 12.30 horas na concatedral de San Xiao.
lazo-negro-1280x720fsfs

Pesar no gremio periodístico e no estamento político ferrolán polo falcemento, aos 43 anos de idade, de Patricia Rey Varela, irmá do actual voceiro do Partido Popular e exalcalde de Ferrol José Manuel Rey Varela. Tanto o Concello como o resto de grupos políticos da corporación de Ferrol e doutros concellos da comarca mandaron as súas condolencias á familia.

A capela ardente foi instalada no tanatorio San Lorenzo, no túmulo número 6. Debido a cuestións de aforo e de seguridade, a familia desexa que o velorio sexa o máis íntimo posible.

Por tal motivo, agradece que, no caso de asistir, se procure pasar o menor tempo posible no interior. O enterro será mañá, mércores, as 11.00 horas, no Cemiterio Municipal de Catabois. O funeral oficiarase ás 12.30 horas na concatedral de San Xiao.

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.