Prisión para un naronés que foi interceptado con kilo y media de cocaína na AP-9

A Policía Nacional investiga unha rede de tráfico de drogas que conecta Ferrol coa comarca do Salnés
coca-kilo-y-medio

A Policía Nacional detivo a un individuo de 46 anos de idade, veciño de Narón, con antecedentes policiais, por un delito contra a saúde pública cando circulaba co seu vehículo en cuxo interior portaba
case quilo e medio de cocaína.

A primeiras horas da mañá do día 11 de maio axentes da Policía Nacional da Comisaría Provincial de Pontevedra, levaron a cabo un operativo que culminou coa detención dunha persoa, que transportaba na furgoneta que conducía a cocaína incautada polos axentes policiais.

O vehículo foi interceptado polos axentes cando circulaba pola nacional 640 dirección Villagarcía de Arousa cara ao acceso á peaxe da autoestrada A-9, na localidade de Caldas de Reis, Pontevedra.

Esta operación é o resultado de varios meses de investigación por parte das Unidades de Droga e Crime Organizado (UDYCO) da Policía Nacional de Pontevedra, que está a investigar a persoas que estarían a viaxar desde o norte de Galicia, concretamente desde a localidade de Ferrol e a súa contorna á zona da comarca do Salnés para adquirir importantes cantidades de cocaína.

naO detido foi foi posto ao dispor do xulgado de Caldas de Reis, Pontevedra, quen decretou o seu ingreso en prisión. A operación continúa aberta e non se descartan novas detencións.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.