Proposta para a adxudicación da segunda fase da urbanización da rúa Basanta de Ferrol

A inversión, de máis de medio millón de euros, permitirá ampliar a plataforma de 4 a 14 metros, incluíndo dous carrís
rúabasantaferrol

A Mesa de Contratación Permanente do Concello de Ferrol propuxo hoxe para adxudicación a segunda fase dos traballos de urbanización da rúa Basanta, unha actuación que ten como obxectivo ampliar unha vía que nalgúns puntos non ten máis de catro metros de ancho e que pasará a ter unha plataforma de 14, incluíndo dous carrís de 2,80, dúas bandas de apartamento de 2,20 e sendas beirarrúas de 2 metros.

O tramo ao que afecta supera o medio quilómetro de lonxitude, e o orzamento base de licitación era de 525.908 euros (IVE incluído). Para obter o contrato, a empresa que acadou a mellor puntuación deberá xustificar a baixa da súa oferta. O prazo de execución é de seis meses, que comezarán a contar a partir da firma da correspondente acta de comprobación de replanteo. A garantía dos traballos será dun ano tras a recepción da obra.

A Mesa de Contratación tratou tamén outros asuntos. Os procedementos referidos ás envolventes de Ares 1-2 e Betanzos 1-8, en Recimil, quedaron pechados definitivamente. En ambos casos, só estaba pendente que as empresas presentasen documentación. Do mesmo xeito, quedaron definitivamente adxudicadas a reurbanización de Carmen Curuxeiras, logo de que a empresa xustificara a baixa da súa
oferta, e a mellora do aglomerado da avenida do Mar, unha vez aportada documentación que estaba pendente.

Esta mañá tamén se procedeu á apertura das ofertas para o subministro de contedores de recollida selectiva de papel e aceite para o servizo de recollida de residuos, unha adquisición cofinanciada pola Deputación a través dun convenio de colaboración.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.