O Concello de Ferrol reabre mañá luns o punto limpo da cidade, situado nas instalacións de Recinor na estrada de Catabois. Dito servizo foi suspendido temporalmente ao inicio do estado de alarma e mañá, coincidindo coa fase 1 da desescalada, retomarase.
O horario de apertura ao público será de 10 a 13 horas e de 16 a 19.30 horas. Os sábados, de 10 a 13 horas. O punto limpo é unha instalación onde a cidadanía pode depositar de forma gratuíta aqueles residuos que polo seu gran volume ou por ser perigosos requiren un tratamento especial. No seu interior hai cun colector para cada tipo, de forma que os veciños teñan claramente identificado onde deben depositar estes residuos.
O servizo de recollida devoluminosos tamén foi interrompido pola crise sanitaria. A partir de mañá, 11 de maio, os veciños poderán pedir cita para a retirada no número de teléfono 981 326 900, que comezará a partir do día 18. Neste senso, o Concello pide á cidadanía “paciencia”, posto que tras uns días sen servizo haberá moita demanda. Retomarase de forma “progresiva” e sempre “mantendo as medidas de seguridade entre os traballadores encargados da retirada de voluminosos”.
Discussion about this post