Un conductor ebrio dase á fuga tras chocar cunha vivenda na zona de Serantes

Foi localizado na Graña grazas ao rastro de aceite que foi deixando na súa escapada
rua botana

A Policía Local acudiu durante a noite do sábado á intersección da estrada da Malata co camiño de Botana tras a saía de vía dun vehículo golpeando unha vivenda, rompendo a arqueta e abandonando o lugar deixando un regueiro de aceite de 200 metros. No lugar atoparon un espello e restos de pintura verde.

A tapa de formigón da arqueta foi desprazada 100 metros, polo que foi necesario sinalizar con vallas. Ata o lugar acudiu o equipo de atestados e polo resto do aceite púidose localizar ao condutor na Graña. Foi sometido á proba de determinación alcohólica con etilómetro co resultado positivo de 0,43 mg/l por aire expirado, polo que se avisou al equipo de atestados para realizar a mostra evidencial.

Pola súa banda, o Corpo de Bombeiros de Ferrol limpou os 200 metros de estrada que quedou manchada de aceite polo perigo que supoñía para a circulación de vehículos.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.