Un axente da Policía Local de Ferrol sufriu a rotura dun testículo como consecuencia da patada que lle asestou un mozo de 16 anos cando trataba de introducilo nun coche patrulla. O mozo fora interceptado nas proximidades do seu domicilio, na equina de cálea República Arxentina coa estrada de Castela, tras ser sorprendido arroxando diversos obxectos á vía pública desde a súa vivenda.
O incidente produciuse sobre as 10.00 horas de onte cando os axentes foron requiridos pola actitude do rapaz, que está ingresado de luns a venres no Centro de Educación Especial Terra de Ferrol e que pasa os festivos e fins de semana no domicilio familiar coa súa nai e avoa.
Ao parecer, o menor xa protagonizou con anterioridade incidentes deste tipo, polo que xa é coñecido polos axentes da Policía Local de Ferrol e da Policía Nacional, que elaboraron multitude de informes coas súas accións, remitidos de maneira recorrente á Fiscalía de Menores. Tras ser localizado e reclamar a presenza dunha ambulancia do 061- Urxencias Sanitarias para poder fornecerlle algún tipo de tranquilizante, os axentes estimaron que o mellor era que agardase no interior do coche patrulla, para evitar que abandonase a zona. Nese momento, o menor aproveitou para propinarlle a un deles unha patada na zona dos testículos.
A pesar da agresión, o axente repúxose e continúo coa súa quenda, ata que, durante a tarde, comezou a atopase mal e decidiu acudir ao servizo de urxencias do Hospital Juan Cardona, onde, tras unha exploración inicial, localizáronlle un problema nun dos testículos, e recomendáronlle trasladarse ao Hospital Arquitecto Marcide, onde ás poucas horas foi intervido de urxencia.
A intervención finalizou con éxito e o axente ten por diante agora un proceso de recuperación. Ademais, a Fiscalía de Menores, tras este incidente, ordenou o ingreso do agresor, de maneira permanente e ata que non tome unha nova decisión, no Centro de Educación Especial Terra de Ferrol, situado nas proximidades do Hospital Arquitecto Marcide.
Discussion about this post