A Policía Local denunciou onte a un home por incumprir o confinamento e negarse a identificarse ante os axentes que llo requiriron. Despois de que 092 recibira aviso de que unha persoa se atopaba na pista de skate da Malata, unha patrulla acudiu ao lugar e viu que alguén intentaba agocharse para non ser descuberto.
Localizado este individuo, pedíuselle que se identificara, ao que se negou, ademais de alegar que tiña motivos ideolóxicos para atoparse fóra do seu domicilio. Insistiu tamén en que non se sentía representado polo Estado, e tampouco polo nome que este lle atribuíu, segundo dixo.
Á vista da situación, os axentes decidiron trasladar ao home á comisaría do Corpo Nacional de Policía, onde se logrou, tras varias indagacións e comprobando o padrón municipal, a identificación. Enfróntase a sendas denuncias, por desobediencia e por non respectar o estado de alarma.