As asociacións profesionais de guías turísticos queren festexar a súa volta ao traballo tras o estado de alarma en en Ferrol propoñen realizar unha andaina guiada da primeira milla do Camiño Ingles. Os representación do colectivo foron recibidos hoxe no pazo municipal polo goberno local de Ferrol, que se implicará nesta iniciativa facer patente o regreso á actividade.
Será o próximo 4 de xullo e partirá de Curuxeiras ás 10.00 horas e está previsto que remate no Cantón arredor das 11.30. Esta actividade enmárcase dentro da que van levar a cabo outros municipios membros da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, na que Ferrol se integrou o pasado ano. “Faremos a primeira milla para lembrar que temos no Camiño unha fonte importante para a recuperación do noso patrimonio a para a proxección do noso turismo”, explicou a dil de Patrimonio Eva Martínez Montero.
No encontro de hoxe, ao que asistiron representantes do Museo Naval, do Museo da Construción Naval ou das oficinas de turismo, avanzouse que o castelo de San Felipe volverá abrir este sábado, co seu horario habitual, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas. Este é o monumento que máis visitas recibe en toda a comarca, cunha media anual próxima ás 50.000 durante os últimos anos.
En Ferrol, desde hai varios días as oficinas de turismo da cidade xa están abertas para ofrecer información aos visitantes de maneira presencial.