Unha viaxe virtual pola vida e obra do escritor ferrolán Carvalho Calero

O Cocello de Ferrol elaborou unha peza audiovisual en alta definición para percorrer dende a casa a mostrar exposta no Torrente Ballester
F15E6067

O Concello de Ferrol puxo en marcha ai dúas semanas o proxecto “Actividades na casa” co fin de acompañar aos ferroláns durante o tempo que dure o confinamento con propostas diarias para desenvolver no fogar procedentes das concellerías de Cultura, Educación, Deportes e Medio Ambiente.

O último en incorporarse a este proxecto é o departamento exposicións municipais. Xa está dispoñible a mostra dedicada ao escritor Ricardo Carvalho Calero, protagonista do Día das Letras Galegas e centro de numerosas iniciativas programadas para o presente curso polo Concello de Ferrol. “Imaxe de 100 anos” abriu ao público a finais de xaneiro no centro cultural Torrente Ballester e a súa clausura estaba prevista para o 31 de maio.

 

 

O concelleiro de Cultura, Antonio Golpe, explicou que se adaptou á nova situación “de excepcionalidade” para que “os veciños que non acudiron á exposición no Torrente Ballester poidan atoparse ao autor desde as súas casas”. A través de imaxes e paneis informativos, “os ferroláns poden percorren a vida e
obra do noso escritor e coñecer máis de 30 primeiras edicións e moitos dos seus obxectos persoais e académicos”. Nos próximos días estarán dispoñibles en “Actividades na casa” outras mostras de titularidade municipal.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.