Ferrolterra enche os paseos na primeira xornada de permiso tras case 50 días de confinamento

Milleiros de persoas aprobeitaron as boas condicións meteorolóxicas e abarrotaron as sendas peatonais e os paseos marítimos das comarcas
DSC_2321

Hoxe era outros deses días marcado en vermello no calendario, sobre todo para todos aqueles afecionados ao deporte e para os que antes do estado de alarma non perdonaban o seu paseo diario. O permiso para saír e facer exercicio cumpriuse de forma estrita nas comarcas, sen sobresaltos nin sancións destacas por parte das policías locais.

Os puntos de maior concentración foron o paseo de Caranza, o da Malata, o porto de Ferrol, o parque de Freixeiro e o paseo de Xubia, que congregaron a un bó número de corredores e de viandantes sobre todo na segunda franxa horaria, a que comezou as 20.00 horas. O mesmo ocorreu no pinar de Cabanas, no paseo marítimo de Ares e de Mugardos ou no da Frouxeira, en Valdoviño.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.