Gadis pechará o Xoves e Venres Santo para darlle descanso ao empregados

A empresa atendeu as demandas dos sindicatos e, ademais, dará unha gratificación económica ao seu persoal polo esforzo
gadis_img103578t0

A empresa de distribución Gadisa pechará os supermercados da cadea o Xoves e Venres Santo para que o seu persoal poida descansar tras as intensas xornadas que viviu, sobre todo, desde a declaración do estado de alarma ante a pandemia do coronavirus.

Aínda que o Xoves Santo é de apertura comercial, os supermercados de Gadisa non abrirán as súas portas, polo que os empregados poderán descansar dous días consecutivos, informan a Efe fontes empresariais.

Ademais, Gadisa entregará unha gratificación económica ao persoal de almacén, tenda e reparticións polo esforzo realizado estas últimas semanas e a entrega demostrada polos seus traballadores.

Neste contexto, o sindicato CCOO valorou nun comunicado esta decisión de Gadisa, que espera implantar no resto de empresas do sector, e instou á Xunta a que derrogue a resolución pola que liberaliza os horarios comerciais dos establecementos de primeira necesidade.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.