Gadis pon en marcha a recollida de alimentos coa campaña «Maio Solidario»

Ata quince establecementos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal habilitarán puntos de entrega para os clientes que queiran colaborar
GADIS MAYO SOLIDARIO 5

Gadis pon en marcha por oitavo ano consecutivo a campaña “Maio Solidario”, en 2020 dentro do marco do programa #GadisColabora. Os Gadis de Ferrol (6), Narón (2), Fene (2), As Pontes (2), Pontedeume, Ortigueira e Cedeira únense a esta iniciativa de Responsabilidade Social Corporativa cuxo obxectivo é recoller produtos non perecedoiros para once bancos de alimentos de Galicia e Castela e León, entre eles o de Ferrol. Ata o 31 de maio estará operativa a recollida de produtos non perecedoiros nos puntos de venda do supermercado.

Nesta ocasión, e debido ás actuais circunstancias, a compañía instalará e sinalizará os espazos habilitados para que os clientes poidan realizar as súas doazóns sen a presenza de voluntarios nos puntos de venda para manter a seguridade de todos. Atendendo as peticións dos bancos de alimentos, Gadis priorizou a entrega de leite, galletas, cereais, conservas, aceite, legumes e arroz, o que supuxo máis de 40.000 unidades de produto.

Relacionadas

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.