A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou hoxe que na última actualización o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 884, deles 221 son da área da Coruña, 56 da de Lugo, 127 da de Ourense, 37 da de Pontevedra, 264 da área de Vigo, 151 da de Santiago, e 28 da de Ferrol.
Isto significa que as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal manteñen o número de contaxiados e tamén o número de ingresados no Arquitecto Marcide, que son a día de hoxe 4 doentes. Os outros 24 casos activos permanencen no seu domicilio.
Sí aumentaron os casos non activos, que son xa 548, o que significa que eses veciños e veciñas xa pasaron o virus e presentan inmunidade contra o Covid-19. O que se mantén estable é o número de falecementos desde o pasado 9 de maio, polo que as vítimas mortais do coronavirus son 33 na área sanitaria.
Discussion about this post