Membros do Concello e representantes de hostalaría reúnense para falar sobre as medidas de prevención da Covid-19

O alcalde pediu responsabilidade tanto por parte dos hostaleiros como da cidadanía para non ter que tomar represalias cara aquelas persoas que non acaten as normas
2020_08_14Reunión hostaleiros1

O alcalde, Ángel Mato, e os concelleiros de Urbanismo, Julián Reina, de Seguridade, Germán Costoya, e de Promoción Económica en funcións, Eva Martínez Montero, reuníronse esta mañá con representantes dos hostaleiros da cidade para tratar as medidas de seguridade e prevención da Covid-19 nos establecementos e zonas de ocio.

Mato explicoulles que o Concello vai facer un esforzo para tratar de sensibilizar á poboación e que non se produzan certas situacións de relaxación, máis ben de carácter individual, xa que a maioría das persoas veñen cumprindo todas as normas con responsabilidade. Durante a xuntanza explicou que a Policía Local vai intensificar a vixilancia na rúa para atallar esa sensación de que todo isto xa pasou.

Na súa comparecencia posterior, o rexedor mostrou a súa preocupación por este feito e insistiu en que hai que ser moi conscientes de que todo «o traballo e o esforzo que fagamos agora» beneficiará a toda a cidadanía e tamén aos negocios que «están recibindo o osíxeno que non recibiron durante o resto do ano». Tomar medidas neste momento, insistiu, pode evitar que a situación empeore e teñan que volver interromper a actividade.

Por outra banda, anunciou que determinados servizos municipais, coma os de limpeza ou os bombeiros, van retomar tarefas coma as de desinfección que desenvolveron durante o estado de alarma.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.