O Mercado de Moeche do próximo sábado 7 de marzo terá unha compoñente reivindicativa con motivo da celebración do Día Internacional da Muller. A partir das 11.30 horas na nave do Mercado de San Ramón presentarase a publicación do proxecto EspadELA “Historias de vida”, realizado pola Cooperativa Arabías no marco dos obradoiros de empoderamento feminino impartidos en Moeche e noutros municipios durante o pasado outono.
A publicación recolle as súas historias de seis mulleres que formaron parte deses obradoiros, relatos da vida e do cotián do rural, dúas delas veciñas de Moeche, Pili Carrodeguas e Eva Quetti. A obra impresa está deseñada por María Álvarez Hortas con fotografías de Lucía Catoira Pan.
A Asociación veciñal de Labacengos tamén celebra o Día Internacional da Muller organizando unha cea para a noite deste mesmo sábado. O punto de encontro é o Mesón A Esquina, nas Somozas, onde se servirá a partir das 21.30 horas un menú a base de entrantes -empanada da casa, tortilla, calamares, croquetas, pastelón e mexillóns á vinagreta- seguidos dun prato principal de peixe sapo en salsa, sobremesa e café. O prezo son 23 euros por persoa e pódese consultar se aínda queda algún sitio libre chamando ao 606 729 038 .
Discussion about this post