Os Concellos de Moeche e Ortigueira farán a compra a persoas que estean soas ou enfermas

Poñen a disposición dos veciños dous números de teléfono no que se poden encargar produtos de primeira necesidade
1360001_1

Dentro das medidas de apoio á veciñanza na actual situación de confinamento, o Concello de Moeche acaba de poñer en marcha un servizo de apoio domiciliario dirixido a aquelas persoas que vivan soas, que estean enfermas ou que teñan dificultades para desprazarse mediante o que lles facilitarán a adquisición de produtos de primeira necesidade, como poden ser alimentos, artigos de hixiene ou medicamentos.

Abondará con chamar ao 639 417 975 para contactar coa Administración local, quen avaliará a petición e, no caso de axustarse aos requisitos deste novo servizo, enviará unha persoa para facer o recado.

Quen cumpra con algún deses requisitos e non dispoña dunha rede familiar ou veciñal de apoio deberá chamar ao teléfono indicado. Unha vez analizada a petición «en base ao coñecemento que temos do territorio, por sermos un concello pequeno no que nos coñecemos todos e todas», tal e como explica Beatriz Bascoy, a Administración local enviará unha persoa que tomará nota da lista da compra.  «Sempre han de ser artigos de primeira necesidade», precisa a alcaldesa, e tamén cumprirá que a persoa solicitante entregue unha cantidade económica suficiente para cubrir o custe da encarga. Nese momento tamén se estenderá un recibo no que figuren tanto os produtos como a contía económica que se lle entrega á persoa enviada polo Concello.

O consistorio tentará atender no mesmo día todas as peticións que reciba pola mañá, deixando para o día seguinte as que se reciban durante a tarde. Á entrega da mercancía -alimentos, produtos de hixiene ou medicinas- tamén se volverá o cambio e un novo recibo no que quede constancia das transaccións efectuadas con motivo do servizo, que é totalmente gratuíto.

Ortigueira

O Concello de Ortigueira adoptou hoxe unha medida similar para axudar aos veciños máis desfavorecidos do municipio. O novo servizo estará a disposición das persoas maiores, enfermas ou con mobilidade reducida para que poidan ter nas súas casas os medicamentos e alimentos que precisen. Chamando aos números de teléfono 981 402 542 ou 604 002 167 encargaranse de facer as compras que estas persoas necesiten e de levarllas aos seus domicilios.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.