Mugardos rescindirá o contrato coa empresa redactora do PXOM

O alcalde argumenta que non se levaron a cabo os avances esperados nos últimos dez anos
wff64sua4vudga7mzah4stqrhm_2000

O Goberno municipal de Mugardos iniciou os trámites para rescindir o contrato de mutuo acordo coa empresa redactora do Plan de Urbanismo (PXOM). Juan Domingo de Deus, como responsable da área de urbanismo tomou a decisión de acabar a relación con esta empresa, tras constatar os nulos avances producidos no documento desde 2016, cando el abandonara a alcaldía pola moción de censura promovida por EU, BNG e a extinta ICM.

“O tema do novo Plan de Urbanismo leva parado en Mugardos máis de 3 anos, e nos últimos 10 anos esta empresa non logrou sacar adiante nin sequera o trámite da aprobación inicial do documento. O plan de urbanismo vixente en Mugardos é do século pasado, isto é unha anomalía que dificulta a vida dos veciños cada vez que solicitan unha licenza de obra ou unha segregación de parcelas”.

Desde o concello informan da intención do novo goberno municipal de impulsar un concurso público aberto e transparente para a redacción dun novo plan, nos que primarán os criterios de solvencia profesional e experiencia na redacción de plans de ordenación urbanística, co obxectivo de axilizar o proceso de elaboración do novo plan.

De Deus confirma que a aprobación do plan realizarase coa participación da veciñanza, e confía en que o procedemento de preparación do documento conte coa colaboración do resto de grupos municipais, dada a importancia do mesmo para o futuro do municipio.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.