O goberno de Mugardos desbloquea obras con cargo ao POS por valor de 160.000 euros

Os traballos realizaranse na súa maioría nas parroquias e céntranse en na pavimentación, mellora do saneamento e drenaxe
POS 2019

A concellería de Obras de Mugardos informou hoxe do desbloqueo das actuacións aprobadas no Plan de Obras e Servizos POS 2019 e o inicio inminente dos traballos. As obras a executar son a pavimentación na Seaña, San Vitorio, no camino de Franza, As Viñas e o Vilar, así como o saneamento na Areosa e a drenaxe no Seixo.

Estas actuacións, cuxo importe total chega aos 164.700 euros, levaban bloqueadas máis dun ano impedindo a súa realización. Deste plan de obras POS 2019 queda pendente a aprobación da adquisición dun novo vehículo para a Policía Local. Dende o Concello explican que xa se está a traballar para o desbloqueo tamén desta actuación, do que se está pendente só dun informe técnico para proceder á licitación.

“Aínda que nestes tempos de pandemia a principal ocupación do goberno está a ser a protección da poboación, non podemos esquecer que a nosa veciñanza ten necesidades dotacionais que tamén hai que cubrir” explican dende o goberno municipal.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.