O peirao de Mugardos recupera a súa pasarela peonil de madeira

O Concello retomou os traballos de restauración e prevé que finalicen nunha semana
Mantenimiento pasarela 1

A concellería de Servizos de Mugardos reiniciou os traballos na pasarela de madeira do peirao, despois de que estas actuacións tivesen que ser suspendidas pola alarma sanitaria do COVID-19. A duración da intervención dependerá das condicións climatolóxicas, pero non se espera que vaian máis aló dunha semana.

Os traballos que se están a realizar consisten na limpeza da estrutura e a aplicación dun tratamento antiescorregadizo á madeira na totalidade do paseo, co obxectivo de que mellore a seguridade da infraestrutura.

“Con esta intervención finalizan xa os traballos de competencia municipal na pasarela de madeira, e está encargado un informe a Portos de Galicia, pero desde esta institución afirman xa que a pasarela está en condicións de ser utilizada, está correctamente dimensionada e con adecuada capacidade estrutural” afirmou o concelleiro Jorge Kuntz.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.