A Concellería de Benestar Social de Mugardos iniciou hoxe o reparto de máscaras reutilizables con filtro entre os e as maiores de 70 anos domiciliados no municipio, que serán entregadas pola empresa pública Correos e recibiranse directamente nas caixas de correos das vivendas.
A concelleira Ana Varela quixo destacar “a solidariedade e o gran traballo que están a realizar os máis de 40 voluntarios e voluntarias que confeccionaron os cubrebocas e que seguen traballando para poder proporcionar material para toda a veciñanza”.
Desde a concellería lembran a tódolos veciños e veciñas que necesiten axuda, que Protección Civil e os voluntarios e voluntarias coordinados polo concello están á súa disposición para a realización de tarefas como ir á compra, á farmacia ou outro tipo de xestións. Para facer uso deste servizo as persoas interesadas poden chamar aos servizos sociais municipais (981 470 338).
Discussion about this post