Pasadas as dúas da tarde un amplo dispositivo de emerxencia trasladouse ao embarcadoiro de Santa Lucía, na costa de Mugardos, para rescatar o corpo sen vida dun home que aparecera flotando preto das embarcacións. Foron uns veciños da zona os que deron a voz de alarma. A vítima, un veciño de mugardos que responde as iniciais de J.C.R., tiña 77 anos e tiña un pequeno bote de remos na zona.
Pouco antes do fatal suceso, outros veciños veron ó home tirando dun cabo no antigo pantalán, probablemente para realizar algunhas labores de mantemento na súa embarcación. A hipótese máis probable é que esbarrou durante esta maniobra e faleceu ahogado a pocos metros da costa. O home, que deixa viúva e dous fillos, vivía no centro da vila e era moi coñecido no pobo.
Ata o lugar desplazouse unha patrulla judicial da Garda Civil, una embarcación da Garda Civil do Mar, a Policía Local de Mugardos e o GES. O corpo foi trasladado ao Hospital Naval para realizarlle a autopsia.
Discussion about this post