A cuarta edición do Gulliver Fest desenvolverase do 11 ao 13 de agosto na área recreativa de Pedroso

A cita volverá reunir a centos de amantes das viaxes en furgonetas, caravanas e autocaravanas
Una edición anterior del Gulliver Fest | GULLIVER FEST
Una edición anterior del Gulliver Fest | GULLIVER FEST

A concelleira de Turismo de Narón, Natalia Hermida, anunciou as datas nas que se celebrará a cuarta edición do Festival da Cultura Viaxeira Gulliver Fest, do 11 ao 13 de agosto. O Concello e a Asociación FurgoGalicia organizan este evento, que reúne na área recreativa de Pedroso a persoas de diferentes idades procedentes de varios concellos de dentro e fóra de Galicia. O Gulliver Fest é un festival sobre naturaleza, música, viaxes e literatura e conta cun espazo para furgonetas, caravanas e autocaravanas na propia área recreativa de Pedroso.

Concertos de acceso libre, actividades deportivas, culturais, xogos populares e as concurridas charlas viaxeiras, nas que diferentes persoas que viaxan polo mundo contan as súas experiencias en primeira persoa.  O festival ten carácter popular e, ao tempo, familiar, cunha traxectoria dentro da programación estival da cidade que ofrece a oportunidade de desfrutar dun entorno natural e dunha programación moi variada e adaptada a persoas de todas as idades. A programación do festival darase a coñecer públicamente dende o Concello e tamén a través da web: www.gulliverfest.es, onde se poderán tramitar as inscricións para acampar en Pedroso durante esas datas.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.