A finalización dos traballos de humanización e renovación do pavimento en todos os viais da urbanización das Vivendas da Mariña obriga a restrinxir o tráfico rodado e o estacionamento de vehículos na zona, a partir de mañá mércores e ata o vindeiro 10 de xuño, data na que se prevé o remate da intervención. O concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, informou ademáis que con este mesmo motivo verase afectado o servizo de recollida de lixo, debendo os residentes facer uso dos contedores situados na estrada de Castela ou na Finca Dopico.
Romero indicou que a empresa xa colocou nos portais dos inmobles da zona os pertinentes avisos, co fin de informar aos residentes e pediu de antemán desculpas á veciñanza polas molestias que poidan ocasionar estas medidas, necesarias para finalizar as obras de mellora no pavimento e humanización dos viais das Vivendas da Mariña.
Discussion about this post