Dúas irmás resultan feridas nunca explosión de gas na súa cociña

A acumulación de gases no interior do forno puido provocar o estoupido, según informaron os bomberos de Narón
IMG-20200216-WA0003

Dúas irmás resultaron feridas debido a unha explosión de gas butano ocorrida na cociña dun piso en Narón e unha delas tivo que ser trasladada en ambulancia ao Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol. Os feitos ocorreron ao redor das 13.30 horas deste domingo na rúa María Pita. Segundo indicaron fontes do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento ( SPEIS) do municipio, foi a acumulación de gases nun forno o que provocou o estalido.

Debido á explosión, parte do mobiliario da cociña do piso saíu disparado e golpeou ás dúas irmás, que nese momento eran as únicas ocupantes da vivenda. Unha delas resultou afectada na perna, pero a outra sufriu contusións e cortes na cara polos que necesitou ser trasladada ao hospital, de acordo coas mesmas fontes. En concreto, Urxencias Sanitarias-061 mobilizou ata o punto unha ambulancia medicalizada e unha asistencial, que foi a que levou a unha das feridas ata o centro sanitario.

A pesar de que o SPEIS tamén se desprazou ata o lugar, a explosión non provocou lume. Ademais deste servizo, acudiron efectivos da Policía Local e técnicos do gas, que realizaron as comprobacións oportunas.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.