“En Narón, os Maios ao balcón” é o lema baixo o que se celebrará o vindeiro mes a vixésimo terceira edición desta tradicional festividade en Narón. A alcaldesa da cidade e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, explicou que debido á actual situación do estado de alarma, ao igual que sucedeu con outras actividades impulsadas dende o Concello elaborouse unha proposta diferente na que poderán participar todas as veciñas e veciños da cidade.
A iniciativa consiste en que cada veciño elabore un Maio utilizando material de refugallo, “cousas que teñades a man nas vosas casas, respectando en todo momento o actual confinamento do estado de alarma”, explicou Ferreiro. Os Maios que elabore a veciñanza poderán ser do tamaño e forma que desexen as persoas que os realicen e poderán tamén estar inspirados noutros Maios, tal e como se contempla dende a organización.
Ademais de colgalos nas ventás e nos balcóns, os que o desexen poden enviar a súa creación antes do 5 de maio á dirección de correo [email protected] (co nome completo, unha dirección de correo electrónico e un teléfono de contacto) para que o Concello elabore un vídeo con tódalas aportacións dos veciños.
Discussion about this post