Ferido un operario da construcción tras caer do edificio no que traballaba en Narón

O home atopábase nun noveno piso e precipitouse, por causas descoñecidas, ata unha altura duns tres metros
Accidente laboral no Alto 2

Un operario da construcción de 63 anos de idade, resultou ferido esta mañá, poco despois das 11.30 horas, tras caer dunha altura de algo máis de 3 metros cando realizaba uns traballos no noveno piso dun edificio en construción na rúa da Garda, no Alto do Castaño, en Narón.

O accidentado presentaba lesións nunha perna e requiuse a axuda do Speis de Narón para evacualo dende a zona do accidente ata a vía pública. O home foi inmobilizado e evacuado por vía aérea ata alcanzar o nivel da rúa, a través dunha técnica vertical e coa axuda do equipo de mobilización de cargas. Alí foi atendido polo persoal sanitario de Urxencias Médicas e trasladado ao hospital Juan Cardona de Caranza.

 

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.