Narón acollerá o primeiro foro destinado ao empresariado rural

Será o xoves 29 de outubro ás 20.00 horas nas instalacións do local social municipal da parroquia de Sedes
Foto Foro Sedes presentación

O Concello de Narón organiza coa colaboración da Asociación de Veciños Rosa dos Ventos da parroquia de Sedes, o primeiro Foro do Empresariado do contorno rural: «Colaboración e desenvolvemento».  Na presentación do evento participou xunto ao edil de Promoción Económica, David Pita, o presidente da entidade veciñal, Manuel Ángel Rico.

Un dos obxectivos prioritarios é propiciar «un espazo de encontro no que o empresariado da zona rural de Narón poida establecer vínculos de coñecemento mútuos e acadar colaboracións que favorezan novas liñas de traballo e contribúan a fixar a actividade empresarial na zona». Este Foro terá lugar o día 29 de outubro ás 20.00 horas nas instalacións do local social municipal da parroquia de Sedes e contará cun aforo máximo segundo a normativa sanitaria.

Pita agradeceu a colaboración e traballo da asociación veciñal nesta iniciativa co desexo de que os resultados acadados posibiliten que sexa a primeira de moitas edicións máis. Pola súa parte, o presidente da asociación Rosa dos Ventos en nome da entidade agradeceu ao Concello a posta en marcha deste foro do que esperan sacar boas ideas que redunden en beneficios para o futuro da actividade empresarial e dos traballadores e traballadoras da zona rural de Narón.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.