Narón desinfectará os colexios ante a apertura do prazo de matriculación para o vindeiro curso

Tamén se repartirán cubrebocas entre os pais e nais que acudan aos centros
90930468_2595099607414095_885164537475497984_o

O Concello de Narón porá en marcha a partir do vindeiro luns un plan especial de desinfección de centros de ensino. A iniciativa levarase a cabo coincidindo co restablecemento, por parte da Consellería de Educación, do período para presentar as solicitudes de admisión en segundo ciclo de Infantil, Primaria, ESO, e Bacharelato.

«O persoal do Speis será o encargado de realizar estes traballos de reforzo da desinfección, co fin de que as instalacións, tanto no exterior como no interior, reúnan todas as garantías sanitarias tanto para o persoal dos centros como das familias que se acheguen para realizar os trámites de matriculación”, asegurou a alcaldesa Marián Ferreiro.

Así mesmo, durante este prazo tamén se entregarán cubrebocas nos centros para que se distribúan entre os pais e nais que se despracen aos colexios e que os precisen. “Repartiremos o luns os primeiros lotes de cubrebocas realizados por persoal voluntario con material doado por particulares e empresas e no caso de que se esgoten e que así nolo comuniquen enviaremos máis lotes ao centro para que ninguén quede sen eles”, apuntou Ferreiro.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.