Narón e Mugardos abren os prazos de inscripción das súas escolas infantís

No municipio naronés ofertaranse un total de 359 prazas para nenos de 3 anos
escuela-infantil-1-1024x768

Mugardos e Narón abriron os seus prazos para inscribir aos nenos nas escolas infantís. No caso de vila mugardesa, as familias que desexen matricular aos seus fillos e fillas na Escola Infantil Municipal “As Lagoas” xa teñen os prazos abertos no caso de tratarse de reserva de praza, que é a que deberán facer aqueles nais e pais cuios fillos e fillas xa acuden este ano á escola infantil. No caso de tratarse de solicitudes de nenos e nenas de novo ingreso, o prazo de matrícula será do 17 ao 31 de marzo.

Os centros de ensino da Narón, públicos e concertados, ofertan este ano un total de 359 prazas para nenas e nenos de 3 anos, que inician a súa etapa escolar (nados en 2017). A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, explicou que o período para solicitar praza rematará o 20 de marzo e incidiu en que tamén ata ese mesmo día se deben tramitar as solicitudes de praza nas tres escolas infantís municipais (A Solaina, A Gándara e Piñeiros), que ofertan un total de 48 vacantes (16 por cada un dos centros).

As tramitacións para as prazas nas escolas infantís municipais deben realizarse no Concello, a través do Rexistro municipal –de luns a venres de 8.30 a 13.30 horas- ou na Sede Electrónica do Concello, se ben as dos centros de ensino públicos e concertados da cidade deberán realizarse nos propios colexios, entregando unha única solicitude e a documentación pertinente nos centros que elixan como primeira opción, apuntou a edil naronesa.

Nos centros públicos da cidade, das 359 prazas para menores a partir de 3 anos, ofértanse 50 nos da Gándara e A Solaina; 25 nos do Feal, Ponte de Xuvia, Piñeiros, Virxen do Mar, na escola de Domirón e na escola do Val e 9 na escola de Sedes, estas tres últimas do CRA de Narón. Así mesmo, no que respecta aos concertados, hai dispoñibles 50 prazas no Santiago Apóstol, 25 no Jorge Juan e outras 25 no Ayala.

A edil naronesa recordou que a pasada semana se celebrou unha xornada informativa no Auditorio municipal coas direccións dos centros públicos e as familias e, así mesmo, indicou que o Concello dispón da páxina web: Buscocole.naron.es, en donde se ofrece información sobre os centros de referencia en función dos domicilios dos menores.

No caso das escolas infantís municipais hai dispoñibles 48 prazas para menores de 0 a 1 ano nas da Solaina, A Gándara e Piñeiros, se ben esa cifra pode variar en función das xornadas que elixan os pais e nais. A escola infantil municipal da Gándara é a única na que se ofrece xornada de tarde (por ser a que rexistra un maior número de solicitudes).

En canto ás reservas de praza para menores de 1 a 3 anos, na Solaina e en Piñeiros tramitáronse 40 en cada unha das EIM, polo que quedarían libres 26 prazas para cada centro; na Gándara reserváronse 49 prazas de 1 a 3 anos e quedan 17 vacantes para esa mesma franxa de idades, tal e como indicou Taibo.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.