Narón logra 11 toneladas de produtos na súa campaña de recollida para os máis vulnerables

Cereais, legumes e froita son os alimentos máis demandados polo Centro de Recursos Solidarios de Narón
Recollida alimentos e produtos de hixiene

A campaña de recollida de alimentos e prudutos de hixiene impulsada polo Concello para axudar ás familias máis vulnerables rematou na xornada de onte cun gran éxito grazas á colaboración da cidadanía. A alcaldesa, Marián Ferreiro, indicou que dende o pasado luns, primeiro día desta campaña, ata onte, recolléronse algo máis de 11.000 quilos de alimentos e produtos de hixiene. “O resultado desta campaña é moi positivo e constata unha vez máis a gran solidariedade das veciñas e os veciños de Narón, que sempre están dispostos a axudar a outras persoas que, como nestes momentos, están atravesando unha situación delicada”, subliñou Ferreiro.

“En tan só seis días, e durante unhas catro horas cada día, logramos reunir unha gran cantidade de produtos de primeira necesidade grazas a solidariedade da xente e tamén ao traballo de todas esas persoas voluntarias que estiveron en primeira liña e coordinados por Protección Civil fixeron posible esta campaña, traballando nos puntos de recollida e tamén no Centro de Recursos Solidarios de Narón», recalcou a alcaldesa.

As doazóns realizáronse nos supermercados das cooperativas do Val (no Val e en Xuvia) e Meirás (San Mateo), nos Covirán de Xuvia e O Alto, no Dia do Ponto, xunto aos Froiz de Freixeiro, Santa Icía, A Gándara e o Centro Comercial Narón, nos Gadis da estrada de Cedeira e Santa Icía, no Familia de Santa Icía e no Eroski da Gándara. Entre as doazóns solicitábanse preferentemente cereais, legumes e froita en conserva, café, arroz e tamén produtos de hixiene (compresas, tampóns), de limpeza (deterxentes para fregar a louza e o chan, lixivia…) e tamén toalliñas hixiénicas para bebés, aínda que se podían doar tamén outros produtos.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.