O Concello de Narón retomou a semana pasada os traballos de desbroce na zona rural, un labor que se paralizara tras decretarse o estado de alarma. Na actualidade, traballan a diario dous tractores, un na parroquia de Castro e outro na do Couto, que ao rematar desprazaranse ás do Val e outro pola zona do Feal cara a San Xiao, tal e como indicou Ferreiro.
“Xa se están retomaron estes traballos con total normalidade para manter no mellor estado de limpeza posible as vías e beiravías da zona rural, ante a próxima chegada da tempada estival e coa intención de minimizar posibles riscos de incendio, como cada ano nesas datas”, explicou a alcaldesa Marián Ferreiro.
Ao longo do ano, como mínimo, os tractores municipais realizan cinco pasadas de desbroce polas pistas e beiravías de cada unha das parroquias do rural: O Val, San Mateo, Sedes, San Xiao, Castro, Pedroso e Doso.
Discussion about this post