O Punto Limpo de Narón reabrirá o vindeiro luns, día 11 de maio, as súas instalacións localizadas no polígono de Río do Pozo. O servizo deixou de estar operativo tras decretarse o estado de alarma e reabrirá as súas portas á veciñanza. Tamén se retomará o servizo de recollida de enseres a partir da vindeira semana, cando se poderá comezar a chamar, tamén dende o luns, para organizar esas recollidas.
No caso do Punto Limpo de Río do Pozo, manterá o horario de apertura habitual, de luns a venres de 9.00 a 13.00 e dende as 16.00 ata as 19.00 e os sábados de 9.00 a 14.00. Escombro, electrodomésticos, chatarra, mobiliario, madeira, plásticos e moitos outros residuos son algúns dos que se poden depositar nas citadas instalacións. No momento da recepción dos residuos seguiranse os protocolos establecidos pola Covid-19 en materia de seguridade e sanidade, tanto por parte do persoal das instalacións como dos usuarios e usuarias das mesmas.
No que respecta á recollida de voluminosos, haberá que chamar ao número de teléfono 981 391 074, donde recollerán dende o día 11 os datos para pasar a recoller os enseres a partir do día 19 deste mes. A recollida dos voluminosos realizarase progresivamente, polo que dende o Concello solicitouse á cidadanía “a máxima colaboración” para que non se sature o servizo por un exceso de demanda.
Discussion about this post